Comunicar saúde mental

cabeceira_videos-visibilizacion
Concienciar da importancia de coidar a saúde mental como parte fundamental do benestar social e loitar contra o estigma que existe sobre as persoas con enfermidade mental son parte do noso compromiso.Moitas veces se ten remarcado o papel dos medios como estigmatizadores, mediante o uso incorrecto e abusivo da terminoloxía relacionada cos trastornos mentais nos contidos informativos en prensa, radio ou televisión. Do mesmo xeito queremos remarcar o gran alcance que acadan a través destes medios as campañas de promoción de bos hábitos e de eliminación de prexuízos a prol da importancia de cuidar a saúde mental.
Co gallo da campaña deste ano de traballo para a prevención e promoción cos adolescentes compartimos un vídeo elaborado por FEAFES. O vídeo é un recurso moi utlizado nas redes sociais, principal fonte de información entre os máis novos. Abordar a importancia do mental na promoción na saúde non é algo novo, e aínda que resulta difícil abordar calquer aspecto complexo nuns minutos, poden ser unha axuda na sensibilización. Aquí vos deixamos outros dous enlaces:
“Os jovens e a saúde mental”

e o elaborado por Avifes,
“Cuida tu coco”

Por útlimo deixámosvos o enlace á campaña de mediaset “no te hagas el loco” que a semana pasada compartimos no noso facebook, para visibilizar que  a saúde mental é cousa de todos.

Deixa unha resposta