Comunicación

Feiras

Facemos anualmente dúas feiras en Redondela, unha coincidindo co Festival Internacional de Títeres e outra no Mercadiño de Nadal.

 

Mércores musicais

Os “Mércores Musicais” é unha experiencia enfocada ao autocoñecemento e ao crecemento persoal a través de diferentes técnicas.

Un espazo para coñecerse mellor, interactuar con outras persoas e pasalo ben.

Revista a Voz de Lenda

A nosa revista é un medio de expresión das distintas realidades que forman Lenda: inquedanzas, sentimentos, soños, motivacións, alegrías e tristezas, preocupacións, reivindicacións, ideoloxías e todo o que queremos transmitir e aprender.