Presentamos a memoria de actividades da Asociación Lenda

No ano 2023 atendemos a  un total de 410 persoas nos diferentes programas, nos que se realizaron máis de 3000 intervencións de diferente tipo atendendo ao programa no que se levaron a cabo. Nos nosos centros leváronse a cabo actividades encamiñadas á rehabilitación e recuperación en saúde mental. Terapias clásicas como a psicoeducación, actividades relacionadas […]

Cara a Inclusión dixital: acceso e alfabetización dixital en Saúde Mental

A fenda dixital constitúe unha problemática de aceso que fai necesaria a alfabetización en tecnoloxías de información e comunicación (TICs). Na actualidade existe unha desvantaxe de acceso e uso en diferentes colectivos sociais, profundando na situación de desigualdade. No contexto da emerxencia sociosanitaria por pandemia no 2020 e co aumento da atención telemática a pacientes […]

Xa están aquí as axendas do 2024!

📚 Xa temos á venta as axendas para o 2024! Se non queredes quedar sen a vosa podedes pasar polos puntos de venda: Centro Ocupacional Lenda, @cal3foto @copyredondela , @cacharelaartesania @o_cafe_da_vila e @bradouro.shop 📌 O prezo: 13€ #comerciolocal #redondela #redondelamola #lendaredondela #saúdemental #centroocupacionallenda #axendas2024 #artesaníagalega #artesanía #lendaestádemoda

Cara a inclusión dixital: acceso e alfabetización dixital en Saúde Mental

A fenda dixital constitúe unha problemática de aceso que fai necesaria a alfabetización en tecnoloxías de información e comunicación (TICs). Na actualidade existe unha desvantaxe de acceso e uso en diferentes colectivos sociais, profundando na situación de desigualdade. No contexto da emerxencia sociosanitaria por pandemia no 2020 e co aumento da atención telemática a pacientes […]

A Deputación de Pontevedra financia o Obradoiro de Produtos Artesanais

Durante o ano 2023 levamos a cabo no Centro Ocupacional o “Obradoiro de Produtos Artesanais”. Este obradoiro está financiado pola Deputación de Pontevedra a través da subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra. O obradoiro ten como obxectivo traballar a recuperación das persoas con diagnóstico […]

Arquivos de resistencia

“Os arquivos de resistencia están formados por cartas, poemas, cancións, debuxos, historias, contos, etc. que expresan o firme propósito de resistir os problemas ou os discursos dominantes; que celebran as vitorias desa resistencia e que comparten o coñecemento adquirido con outras persoas que estean a tentar escapar da opresión dos problemas ou os discursos dominantes […]

Manifesto do Día Mundial para a Prevención do Suicidio 2023

No Día Mundial da Prevención do Suicidio queremos asomarnos a unha realidade difícil e dolorosa, e expor unha pregunta que nos axude a comprendela: Que estamos a facer mal como sociedade para que se produzan 4000 mortes por suicidio cada ano en no estado español? En primeiro termo, a resposta é clara. Desatendemos a chamada […]

ZENTANGLE

QUE É O MÉTODO ZENTANGLE, E  QUE NOS APORTA O método Zentangle de meditación a través do debuxo, é unha ferramenta da que nos axudamos para conectar con nos mesmas, sen interferencias, sen prexuízos, sen comparacións, aceptándonos, valorándonos e queréndonos, mellorando deste xeito o auto coñecemento, e favorecendo a empatía, a paciencia, e a tolerancia. […]