As mulleres de Lenda imos á folga

TOD@AS Á FOLGA

Un ano despois do histórico 8 de marzo de 2018, estamos dispostas doutra volta a saír as rúas e berrar máis alto se cabe polos nosos dereitos ata que se nos escoite.

O 8 de marzo é un día de celebración polo xa logrado, un día de defensa dos dereitos xa alcanzados grazas a loita de moitas mulleres que nos precederon, e un día para reivindicar os dereitos que aínda quedan por conseguir, e son moitos.

As traballadoras da Asociación Lenda de Saúde Mental imos facer folga este 8 de marzo, porque:

  • Queremos manter os dereitos conseguidos.
  • Porque a violencia machista nos está asasinando.
  • Porque as mulleres con discapacidade son as que máis violencia sofren.
  • Porque as mulleres con enfermidade mental están invisibilizadas, e dobremente discriminadas.
  • Porque queremos que se visualice a importancia do traballo no fogar e nos coidades, onde as mulleres seguimos a traballar sen apoio nin recursos. SEN AS MULLERES, O MUNDO PÁRASE!!.
  • Porque unha maioría das persoas que vive baixo o limiar da pobreza son mulleres.

A folga ten varias vertentes:

  1. Emprego
  2. Estudantes
  3. De Coidados
  4. De Consumo

Nós mañá imos a folga, e animámoste a que nos acompañes. 

Asamblea Paxaretas Redondela

Marcha Mundial das Mulleres Galicia

Plataforma feminista galega

 

Deixa unha resposta