FÓRA TODO O ESTRAÑO. A saúde mental na sociedade actual

a saúde mental na sociedade actual

Do 25 de xaneiro ao 8 de febreiro, terá lugar unha mostra da artista Urza e charlas no Café Moderno en Pontevedra, para concienciar sobre a diversidade psíquica. O programa busca produndizar no coñecemento da situación da saúde mental, da poboación en xeral e das persoas en risco de exclusión social. Por outro lado, tamén quere evidenciar como as persoas con enfermidade mental levan unha vida normalizada.

A exposición, interpreta a obra de Samuel Beckett, o corpo como metáfora que reflicte a angustia do diferente na sociedade contemporánea. Unha recreación no que o real mestúrase cos soños.

Programa de relatorios sobre a saúde mental na sociedade actual

  • 29 de xaneiro. Un percorrido polo panorama actual da saúde mental. Con Ramón Area, psiquiatra, presidente da Asociación Galega da Saúde Mental (AGSM-AEN) e autor de numerosos artigos en publicacións nacionais e internacionais sobre saúde mental. Como escritor recibiu o VI Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.
  • 30 de xaneiro. Relación entre a saúde mental e a arte: ART BRUT. Con Alcira Cibeira, psiquiatra do CHOU e coordinadora do inventariado e catalogación da Colección de Art Brut de Toén, e Antón Casais psiquiatra, psicanalista no Hospital de Piñor (Ourense), participante en obradoiros sobre arte e psicanálise.
  • 5 de febreiro. Enfermidade mental e muller. Con Julia Fraga, facultativa especialista de área no Centro de Saúde Mental Taboada Leal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e membra desde a súa fundación do foro de Psiquiatras Españolas a favor dos estudos de xénero.
  • 6 de febreiro. Estigma, exclusión social e saúde mental. Con Manuel Arrojo, facultativo especialista de área no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Psiquiatra xefe do Servizo de saúde mental do SERGAS entre os anos 2009 e 2015. Actuou como representante de Galicia na Estratexia Nacional de Saúde Mental entre 2009 e 2015 e coordinou, dentro da mesma, o grupo de loita contra o estigma e a discriminación.

Horario relatorios: 19:00 horas

Deixa unha resposta