Apertas para tod@s

A todo o mundo lle gusta ser abrazado. Non é só pola calor, o efecto das apertas afectan a todo o corpo e estudos científicos afirman que é comparable os efectos dalgunhas drogas. Incluso o contacto máis lixeiro pode axudar a tratar un ou varios problemas emocionais e dá azos para facer fronte ás adversidades.

Os abrazos poden brindar confort emocional e mesmo curación. Investigacións médicas demostraron que o abrazo pode ser un xeito eficaz de tratar o estrés, a depresión, a ansiedade ou a soidade.

Os beneficios do abrazo veñen do poder do tacto, da necesidade do contacto entre seres humanos: Recopilamos unha lista dalgúns das principais aportacións:

  1. O contacto interpersoal ten un poderoso efecto e reduce as ansiedades esenciais como é o medo á morte, aportando seguridade ás persoas.
  2. Cando envellecemos ou nos sentimos máis vulnerables ou illados, abrazar a alguén reduce o nivel de estrés e aporta un sentimento instantáneo de proximidade, tendo un efecto positivo sobre o noso sistema inmunolóxico e mellora a nosa sensación de benestar.
  3. Abrazar estimula á oxitocina, un neurotransmisor esencial que reduce a ansiedade e o estrés, e tamén a presión arterial, mellora a calidade do sono e incrementa as emocións positivas, as relacións sociais, dotándonos dunha sensación de pertenza.
  4. Sen contraindicacións. Poderíamos seguir falando dos efectos positivos das apertas, pero sobre todo queremos recordar que non ten efectos adversos.

Primeiro paso

Hai moito tipo de abrazos, con máis ou menos contacto, con diferente duración, con significados variados e con graos de calidez. Pero en todos, o máis importante e o primeiro que hai que facer é abrir os brazos:

OPEN ARMS

Apertas para tod@s

Deixa unha resposta